Abandonar o cable de fibra óptica de 10Mb da cidade pode ser doloroso :(
A posible solución está na contratación dun servizo de cobertura 3G
para o fogar, pois temos preto as antenas do Milladoiro (Ames).
Proponse a instalación dun router WIFI ao que poderán conectarse todos
os ordenadores da casa, tanto dentro como fóra. A velocidade mesmo pode
acadar os 10Mb con este sistema, pero posiblemente non pasemos dos 6Mb,
ou igual conformarnos con 3Mb. En boa medida, dependerá da saturación da
propia antena do Milladoiro, que será alta, tendo en conta a amplitude
do núcleo urbano e o parque empresarial próximo. Do volume de móbiles
e/ou dispositivos 3G "bebendo" desa antena dependerá a calidade do noso
servizo na casa. A opción do cable está descartada, porque o servizo
ADSL non sobrepasa 1Mb neste punto e pode ter cortes no servizo ao
utilizar a vella liña telefónica de Santiago de Compostela.
No
tocante ao TDT intentaremos primeiro utilizar unha antena TDT no
interior da casa, para conectar ao televisor. No caso de que o sinal
sexa malo teriamos que intentalo cunha antena exterior elevada.
Todo "sen fíos":)Outras propostas?
Boas amighos,
ResponderEliminarAquí vos deixo uns links sobre internet por satélite no rural, que é unha boa opción pra ter unha velocidade decente sen pagarlle un peso os magnates dos cables.
Espero que vos sirva de algo. Votádelle un ollo porque se aforra pasta!!
Apertas pros tres!!! :)
http://www.quantis.es/spa
http://www.excom.es/
http://www.minotec.es/
Moitas Rama!! Xenial! miraremos pois. Bicos!!
ResponderEliminar