Por fin podemos ensinar o resultado final da mesita. Desta volta preferín facer todos os pasos sobre unha soa peza para comprobar como quedaría. Estamos moi contentos, porque o resultado é moi satisfactorio. Así que agora xa podemos traballar de un modo máis efectivo, con varias pezas ao mesmo tempo.
E aquí tedes por fin, a mesita rematada ao lado da súa xemelga para poder ver o antes e o despois.
O máis chamativo para nós, foi ver como formas que na versión orixinal pasaban practicamente desapercibidas, gañaron gran importancia na versión definitiva.
E a vós... que vos parece o resultado? ;)
Casa nova?
ResponderEliminarA que non contabas conmigo aqui?
Ola!! Non vira este comentario antes!! Pois máis ou menos. É a casa da avoa de David e estamola arreglando para poder ter todo o espacio que precisamos ;)
ResponderEliminarUn biquiño para todos por aí!!