lunes, 21 de enero de 2013

Información e materiais

Despois de darlle moitas voltas á reforma, a como levala a cabo e ao orzamento co que contamos... chegamos á conclusión de que un DIY (do it yourself) ou un Faino ti mesmo, era a mellor opción. Por suposto non teremos a maña de afrontar todo o que a casa precisa, pero si estamos dispostos a facer todo o que poidamos. Para iso, o primeiro, a recopilación de información. Moitos blogues, foros e vídeos de Youtube acerca de decoración, de montaxe da tarima flotante, de renovado de mobles, cociñas e baños... E coas ansias calmadas, primeiras compras para comezar a traballar.
O bodegón de adquisicións para a man de obra. E xa comezamos a empregalo! Na próxima entrada ensinámosvos o que estivemos a pintar ;)

No hay comentarios:

Publicar un comentario