miércoles, 23 de enero de 2013

As primeiras pinceladas

Unha difícil decisión á hora de afrontar un proxecto como o que pretendemos abordar, é a planificación do mesmo. Por onde comezamos? cal sería a orde lóxica das cousas para conseguir ser o máis prácticos posible? Pois a estas alturas aínda non o temos claro. Pero pareceunos que comezar por renovar os mobles podería ser unha boa idea, xa que deste xeito a propia casa funcionará como taller nas labores pertinentes sin preocuparnos do exceso de pó ou das manchas de pintura.
A elexida como primeira peza a tratar foi unha mesita dun dos xogos de dormitorio. A idea é que pasen a ser as do noso propio dormitorio.
Esta é a mesita no seu estado orixinal...
Non é de madeira, pero polo gasto de renovala nin en Ikea. Así que mans á obra. O primeiro paso é quitar todos os ferraxes coa finalidade de limpalos e de permitir o lixado e pintado. A continuación comezamos a lixar. Si non se pretende chegar á madeira, o propio barniz (sen un lixado a fondo) fai de capa de imprimación. Si o moble fose de madeira e quixéxemos lixalo a fondo sería preciso comezar por dar unha capa de imprimación.
Co moble semilixado, comezamos a pintar. Neste caso cun esmalte satinado blanco (o que penso empregar para a maioría dos mobles da casa, portas, contras e demáis familia).

Aquí a mesita coa primeira capa. Pode observarse ben na seguinte foto como se pode ver aínda o fondo escuro.
Na seguinte entrada ensinareina xa rematada. Coa segunda ou terceira capa, segundo o propio moble solicite ;)


No hay comentarios:

Publicar un comentario