lunes, 24 de noviembre de 2014

QUE CASAS!


E aquí está a nosa casiña rematada ;) No mes de novembro de 2014 saímos no  programa QUE CASAS 6! da Televisión de Galicia.Que bo recordo imos ter desta aventura. Deica logo!!!

Un saúdo de Antón, Alicia, David, Lúa, Miki e Nico ;)

Podes ver a reportaxe na seguinte ligazón, no minuto 43'

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/poio-ames-e-santiago-rabade-mugardos-mino-lugo#.VGovL_WUb2k.facebook

lunes, 15 de septiembre de 2014

Antes e despois no interior da casa

Para ir pechando este fermoso recordo da obra... aquí están algunhas imaxes do "antes e o despois" do interior da casa. Dende o mes de abril xa estamos vivindo aquí, rematando pequenos detalles ;)














martes, 8 de abril de 2014

Comezando a verlle a cara

Falta aínda moito, moito que facer, e a casa está chea de cousas por todas partes, pero estes días comezamos a adiviñarlle o resultado.






domingo, 6 de abril de 2014

A limpeza da fachada

Esta semana comezamos a cambiarlle a cara exterior á casa. Cunha máquina de auga a presión quitaron toda a pintura vella (e parte do cemento). Cando veña o bo tempo comezarán a pintar por fóra., pois agora a casa ten o aspecto dunha película de terror... jajaja


miércoles, 2 de abril de 2014

Unha de "o antes e o despois" e compriñas para ir equipando

Esta semana están rematando detalles de pintura por toda a casa. Os que pasáchedes algunha vez por unha obra/reforma sabedes que esta fase parece interminable! Acumúlanse as ganas de velo todo rematado coa multitude de pequenas cousas precisas para facer o remate final.
O que si puidemos ver rematada é unha parte da cociña á que lle tiñamos moitas ganas. Lacaron mobles e alicatado e só con ese lavado de cara podemos ver un impresionante cambio.
Ademais fixemos xa moitas das compras que precisabamos para equipar o noso novo fogar. Aquí vos deixamos algunhas das mesmas. Invadidos pola cor branca e pola luz que nos aporta!
En breve máis!

sábado, 22 de marzo de 2014

Comezamos a mudanza!

Pois si, aínda quedan pequenos detalles por rematar, pero aos poucos comezamos a levar cousas para o noso novo fogar.




O mellor ata o momento escoitar a Antón que precisa unha caixa para meter a Nico, o seu bebé de xoguete, porque ten a cabeza moi grande ;)

miércoles, 12 de marzo de 2014

Rematando o interior, unha entrada cargada de imaxes :)

Pois si, hoxe moi pouco texto e moito que ver. A obra está a piques de rematar no interior e os cambios acumúlanse.
Na lareira están colocados xa os mobles, á espera aínda de detalles, pero lucindo tal e como agardábamos enriba da pedra.


No ensaio rematamos de encintar as paredes e é incrible ver a luz que gañaron


Ademais xa puxeron portas no baño do ensaio e entre éste e a zona da lareira. O que eran cortes pasan a ser dous espazos impresionantes (nótase o pouco que nos gustan ;)


A primeira planta está practicamente rematada.






Na planta baixa contamos con algunha man de pintura e xa comezaron co chan



E no xardín, algunhas das antigas pezas da casa pasan pola man de lacado, mentres os pensamentos florecen aproveitando tamén estes días de sol.




FIN! de momento!!!

viernes, 21 de febrero de 2014

Entraron os pintores

Uf, despois de tanto reparar os mobles e lixar... por fin comezamos a darlle unha nova cor ao interior da casa.

Esta semana están lacando de branco os marcos e as portas das habitacións, para logo seguir coa pintura branca das paredes. O cambio non podía ser mellor, estamos abraiados ;)

O branco dá máis sensación de luz, amplitude e profundidade ao pasillo.



Así están os marcos lacados en branco ;)




... e as portas, menudo cambio!


  

ás paredes tócalle para a semana ;)


lunes, 27 de enero de 2014

Pintar, pintar, pintar sin parar!

Niso andamos, e coa pistola adiantamos moito máis do que agardabamos


O certo é que partindo de mobles tan fantásticos da gusto.


Aínda quedan capas, pero xa se van adiviñando os resultados!

viernes, 24 de enero de 2014

Un acerto!

Fai cousa de 5 ou 6 meses, cando comezamos a tomarnos en serio a reforma da casa e decidimos recuperar moitos dos mobles que había, veunos á cabeza a posibilidade de facernos cunha pistola para pintar que nos facilitase un pouco tanto traballo. Un día, fará tres meses, fomos a unha desas famosas tendas de bricolaxe e atopámosnos sen contar nunhas subastas promocionais de diversos produtos da tenda. Entre eles estaba este!

Díxenlle a David "vou esperar a que chegue ao final, e se ninguén a colle é nosa!". Así foi. Collémola pola metade do seu prezo.
Hoxe estreámola e, así a priori, quedamos moi satisfeitos.


Mañá comprobaremos se o resultado é tan bo como nos pareceu.
Por certo, este moble é un dos destinados ao cuarto enxebre da lareira, aínda lle queda, cando esté rematado faremos unha entrada desas de "o antes e o despois".

lunes, 20 de enero de 2014

Un novo aspecto para a primeira planta

A planta baixa segue a ser asentamento do taller, de xeito que polo momento decidimos arreglar só a primeira planta. Dese modo poderemos ir subindo os mobles que vaiamos rematando.
Así é como vai quedando a cousa. Nós estamos emocionados!! ;)))


Unha gran sorpresa foi a posibilidade de tapar os tubos da calefacción co rodapé, obtendo un resultado moito máis limpo.


Estes son algúns exemplos. Aínda non está rematado. Falta algunha habitación e os remates para que quede perfecto.


O cambio é impresionante!