Esta semana están rematando detalles de pintura por toda a casa. Os que pasáchedes algunha vez por unha obra/reforma sabedes que esta fase parece interminable! Acumúlanse as ganas de velo todo rematado coa multitude de pequenas cousas precisas para facer o remate final.
O que si puidemos ver rematada é unha parte da cociña á que lle tiñamos moitas ganas. Lacaron mobles e alicatado e só con ese lavado de cara podemos ver un impresionante cambio.
Ademais fixemos xa moitas das compras que precisabamos para equipar o noso novo fogar. Aquí vos deixamos algunhas das mesmas. Invadidos pola cor branca e pola luz que nos aporta!
En breve máis!


No hay comentarios:
Publicar un comentario