Pois si, hoxe moi pouco texto e moito que ver. A obra está a piques de rematar no interior e os cambios acumúlanse.
Na lareira están colocados xa os mobles, á espera aínda de detalles, pero lucindo tal e como agardábamos enriba da pedra.
Ademais xa puxeron portas no baño do ensaio e entre éste e a zona da lareira. O que eran cortes pasan a ser dous espazos impresionantes (nótase o pouco que nos gustan ;)
A primeira planta está practicamente rematada.
Na planta baixa contamos con algunha man de pintura e xa comezaron co chan
E no xardín, algunhas das antigas pezas da casa pasan pola man de lacado, mentres os pensamentos florecen aproveitando tamén estes días de sol.
FIN! de momento!!!
Moooooi bo traballo!!
ResponderEliminargraciñas Esteban, agradécese moito vindo dun profesional ;)
Eliminar