viernes, 24 de enero de 2014

Un acerto!

Fai cousa de 5 ou 6 meses, cando comezamos a tomarnos en serio a reforma da casa e decidimos recuperar moitos dos mobles que había, veunos á cabeza a posibilidade de facernos cunha pistola para pintar que nos facilitase un pouco tanto traballo. Un día, fará tres meses, fomos a unha desas famosas tendas de bricolaxe e atopámosnos sen contar nunhas subastas promocionais de diversos produtos da tenda. Entre eles estaba este!

Díxenlle a David "vou esperar a que chegue ao final, e se ninguén a colle é nosa!". Así foi. Collémola pola metade do seu prezo.
Hoxe estreámola e, así a priori, quedamos moi satisfeitos.


Mañá comprobaremos se o resultado é tan bo como nos pareceu.
Por certo, este moble é un dos destinados ao cuarto enxebre da lareira, aínda lle queda, cando esté rematado faremos unha entrada desas de "o antes e o despois".

No hay comentarios:

Publicar un comentario