Atopar e recoller as pedras foi toda unha aventura.
domingo, 15 de diciembre de 2013
Rexuntando pedras
Coa axuda da avoa Marisol e a familia estamos "encintando" ou "rexuntando" as pedras das paredes na zona da lareira. Tivemos que buscar pola finca pedriñas para cubrir os ocos e, pouco a pouco, vai mellorando a cousa. Así estaba, e así están quedando as paredes ao ladiño do lume.
Atopar e recoller as pedras foi toda unha aventura.
Atopar e recoller as pedras foi toda unha aventura.
martes, 10 de diciembre de 2013
Os mobles da lareira
Esta semana puxémonos coa restauración dos mobles que colocaremos na zona da lareira de pedra. Algún deles estaba moi abandonado e cheo de polilla, pero estamos decididos a proporcionarlle unha nova vida ;)
Gastamos varios botes, lixamos a madeira e retiramos os cristais. Agora só falta pintalos, xa que como pode verse na imaxe, os mobles son moi distintos... Cal será a nova cor elexida?
domingo, 8 de diciembre de 2013
Xa temos o chan
A principal novidade deste mes é, sen dúbida, que xa temos o chan!
Mercamos a tarima que poremos nas dúas plantas da casa. Coa colaboración do noso amigo Fer transportamos todo o material e xa recibimos as primeiras recomendacións para colocalo.
Esta é unha proba do que desexamos facer ;) A mesiña que pintamos pode quedar xenial con esta tarima e o perfil en branco.
Na primeira pode verse como estaba o chan da nosa habitación, na segunda o chan limpo e sen o perfil, na terceira unha proba do que desexamos...
e aquí está o material listo para comezar. Non nos queda nada...

domingo, 10 de noviembre de 2013
Bañeira ou ducha?
Decidimos cambiar a ducha por unha bañeira, para gañar espazo e comodidade para os baños dos máis pequenos. Tamén cambiamos de sitio o radiador e mercamos pezas novas...
Agora queda pendente pintar as paredes, o teito, colocar as pezas do baño e o chan, pero xa temos as mellores vistas... para estar tumbados na auga escoitando os paxariños ;)
Durante esta semana miramos diferentes tipos de chan para o baño. Unha das mellores opcións foi mercar chan vinílico de PVC que imita a madeira (tendo en conta que os baños xa teñen plaqueta). É resistente á auga e ás rozaduras, simplemente teremos que pegalo sobre o chan e listo! (Aínda que debemos confesar que temos unha loita interna entre o chan vinílico e esa plaqueta orixinal con tanta personalidade ;)

martes, 5 de noviembre de 2013
Unha casa con moita historia
Revisando a documentación da casa atopamos unha escritura do ano 1842.
O texto correspondente ao momento no que o noso "tatara tatara avó" adquiría o terreo no que estaban situadas dúas pequenas casas de pedra que forman a estrutura da única casa actual.
Son 6 as xeracións que viviron nesta casa. Intentaremos manter a tradición...

domingo, 20 de octubre de 2013
Preparados para a choiva coas novas fiestras
Esta semana rematamos de colocar as fiestras e portas con marcos de PVC branco. Esta é a vista dende fóra, aínda pendente de pintar o exterior.
No interior da casa xa notamos moito o cambio e pensamos que por fóra comeza a cambiarlle moito a cara á casa!. Así quedan as vistas dende a habitación de mami e papi ;)
Xa pode chover todo o que queira...
Ah... e tamén colocanos a antena de TV, orientada cara o Monte Pedroso, e xa confirmamos que temos moitas canles de TDT.

sábado, 12 de octubre de 2013
Xa temos novas inquilinas na casa!
Hoxe un amigo de Bugallido deixounos cinco ovellas, que estarán con nós o tempo que elas queiran! Acabouse ter que utilizar a desbrozadora na parte baixa da finca, están contentas e ata dispoñen dun pequeno caseto de madeira ;)
Nos vindeiros días Antón poralle nome a cada unha delas, a ver que tal se adaptan ao novo hábitat!
Nos vindeiros días Antón poralle nome a cada unha delas, a ver que tal se adaptan ao novo hábitat!
lunes, 30 de septiembre de 2013
Hoxe unha de.... "o antes e o despois"
Estas son as imaxes que máis nos gustan, porque poden verse os cambios realizados. Por iso, aquí van dúas da lareira que onte estrenamos cun bo amigo e outras dúas do que eran as cortes, agora en proceso de transformación para ensaios ;)
Así estaba a lareira, dentro dun cuarto pequeno e á altura do chan...
Así está agora... e iso que falta pintar e decorar!
Así estaba a corte, onde habitaban as arañas máis grandes do país...
... e así vai quedando, pero aínda falta rematar o aseo, encintar, pintar e equipar ;)

lunes, 23 de septiembre de 2013
Agora só falta o churrasco!
Hoxe levamos unha sorpresa especial. O xenial tío Moncho tiña unha boa idea para recuperar a lareira da casa e preparounos isto!!!
Aproveitamos os antigos postes da vide e algunha pedra que tiña para levantar a base e mellorar o "tiro". Á esquerda faremos un pequeno fregadeiro ;)
Xa temos ganas de facer a primeira "churrascada"!
Aproveitamos os antigos postes da vide e algunha pedra que tiña para levantar a base e mellorar o "tiro". Á esquerda faremos un pequeno fregadeiro ;)
Xa temos ganas de facer a primeira "churrascada"!
martes, 17 de septiembre de 2013
Traballos de fontanería
Esta semana estamos "a tope" cos traballos de fontanería. Preparamos varias "rozas" na finca e no interior da casa para as novas tuberías. No xardín preparamos as canles para levar a auga da mina ata o pilón...
No exterior da casa tamén tivemos que poñer unha nova tubería para a auga da mina, que irá directamente a un depósito conectado a un motor para regar e cunha "sobrante" para o pilón.
Dentro da casa o fontaneiro deixou preparadas as conexións para os radiadores que reutilizamos. O salón vai estar moi quentiño con tres radiadores. Seguimos!

domingo, 15 de septiembre de 2013
Limpando as paredes de pedra
Esta semana estamos a limpar as paredes de pedra na zona da lareira (próxima sala de cuchipandas) e nas antigas cortes (futuro estudo audiovisual-ensaio). Un bo amigo deixounos a súa Kärcher e non vexades como solta auga a presión...
Aquí deixamos unha pequena mostra do resultado jejeje (un novato...)
Aquí deixamos unha pequena mostra do resultado jejeje (un novato...)
martes, 10 de septiembre de 2013
Vento en popa e a toda vela!
Así é como van as obras, e nós emocionados. O espazo gaña moitísimo sen os tabiques polo medio. Comezamos a imaxinarnos xa a disposición final e gústanos o que adiviñamos.
O novo tabique ten detrás unha capa illante. Deste xeito eliminaremos unha das zonas máis húmidas da planta baixa.
Por outra banda, ao tempo que desaparece a antiga escaleira, aparece a nova, máis ancha e no lugar que lle corresponde.
Eliminamos tamén a cociña de leña, unha das decisións máis discutidas por aqueles que saben do proxecto. Pero está moi estropeada e ademais precisamos o seu sitio para elementos máis necesarios.
Outro dos grandes cambios na planta baixa foi a conversión da ventana da antiga habitación do conxelador en porta principal da casa. Outra enorme entrada de luz que xa se nota!
Paralelamente á planta baixa, outra zona da casa está a sufrir tamén grandes cambios. As antigas cortes convírtense nun local de ensaio e nunha zona de xuntanza e "cuchipandas". Os tempos cambian e as necesidades cos mesmos (agardemos non ter que retornar ao punto de inicio neste caso ;)
O espazo que vedes estaba formado por tres pequenas estancias. Conservamos a lareira e botamos o chan.
Nada máis ata o momento. Hoxe foi máis extensa do normal, pero as circunstancias así o pediron!

domingo, 8 de septiembre de 2013
miércoles, 4 de septiembre de 2013
Preparando o comezo das obras
As obras están a piques de comezar, polo que para a súa preparación levamos dous días de completo traballo.
Onte comezamos por gardar e retirar todo o que poida molestar para a execución das propias obras.
Entre elas gardamos xoias do pasado que nos encantan...
Hoxe tocou retirar os mobles máis grandes, e aproveitamos de paso para convertirnos en exterminadores de plagas impertinentes...
Como o esforzo foi moito rematamos o día con ceíña espectacular máis que merecida ;)

martes, 3 de septiembre de 2013
... porque é unha deseñadora excelente!
Hoxe mostramos un primeiro borrador do plano 3D elaborado por Alicia! Despois de darlle moitas voltas este verán, decidimos unificar salón e cociña para gañar luz e espazo. Aproveitamos os mobles existentes, levantamos o fregadeiro e facemos un novo módulo para almacenar. Tamén comezamos a restaurar o moble do salón e a mesa... ata pronto!.
lunes, 29 de julio de 2013
Restaurando xoias do pasado
Nos días de verán estamos aproveitando o bo tempo para limpar as habitacións e facer unha selección do mobiliario e das cousas que podemos reutilizar. Esta semana atopamos dúas xoias do pasado: unha mesa e un lavabo dos anos 50, que pretendemos restaurar para o cuarto de baño ;) Seguimos!
viernes, 31 de mayo de 2013
Subindo escalóns
O tempo non axuda moito. Seica este ano non teremos verán... , pero estamos acondicionando o xardín para os encontros familiares e as festas na eira da casa. A primeira parada: San Xoán, que estará aquí Tita!.
Hoxe podedes ver como deixamos o acceso da eira ao pequeno souto que estamos preparando. Utilizamos as vigas de pedra dunha antiga parra que tiña a casa e asentamos os escalóns cuns puntos de madeira e terróns. Antón tomou as medidas e axudou a traer terra! Este é o resultado!!!

viernes, 10 de mayo de 2013
Tres meses despois… das contas e o papeleo
![]() |
Plano do PXOM |
Sabiamos que non ía ser doado, pero
os obstáculos acumúlanse na medida en que avanzamos na reforma da casa :(
Pechada a vía do financiamento bancario -
pois agora é máis difícil que concedan créditos en boas condicións aos particulares que camiñar
sobre a auga - .... só queda a alternativa dos pequenos aforros mensuais, se podemos, para ir comprando
material para a reforma.
Recoñecemos que nestes tres meses
tivemos un pouco abandonado este blogue, quizais por falta de tempo, do mal tempo
ou, simplemente, dos esforzos realizados nas contas e no papeleo que nunca
remata (orzamentos, planos, documentación, información dos rexistros, dos permisos,
uf...!) e a folgazanería para escribir...
Agora que comeza a saír o sol,
despois dun inverno de frío e choiva, estamos acondicionando a finca - os
castiñeiros xa teñen as súas follas - e reparando as parades do interior da casa...
... prometemos publicar con maior frecuencia :)
... prometemos publicar con maior frecuencia :)
O mellor destes tres meses: o
cumpreanos de Antón na eira da casa! Á abordaxe!
![]() |
Tarta de cumpreanos de Antón feita por Alicia |
lunes, 28 de enero de 2013
O problema das humidades (e que frío fai)
Ufff, esta semana de frío e choiva a humidade na casa faise notar máis que nunca. As paredes teñen máis dun metro de ancho e no interior o ambiente é escuro. Estes son, polo tanto, tres factores importantes a ter en conta: humidade, temperatura e iluminación.Comezamos pola última:
A iluminación: trataremos de sacar o máximo rendemento ás entradas de luz natural da casa. Pensamos en poñer fiestras e portas con carpintería branca de PVC e dunha única folla, aproveitando ao máximo o marco actual, de 85cm. x 130cm. aprox nas fiestras e 110cm. x 210cm. nas portas. A casa é longa pero estreita. Contabilizamos un total de 10 fiestras e 4 portas. Por aí terá que entrar toda a luz natural que poidamos! Pola parte de dentro levará unhas "contras" de madeira que estamos restaurando e pintando de branco. Á súa vez revisaremos todos os circuítos eléctricos e trataremos de colocar mellor os puntos de luz eléctrica no interior.
A temperatura: afortunadamente a casa xa conta con radiadores e sistema de calefacción de gasoil. Teremos que revisar todo o circuíto, reparar algúns radiadores, recolocalos e sacarlle o máximo rendemento ao calor que desprenden.
A humidade: o principal problema da casa, tanto no chan da primeira planta como nas paredes. Nas paredes solicitamos orzamento para colocar lana de roca e/ou fibra de vidro como aislantes e logo cubrila con Pladur. No chan xa temos plaqueta, pero debemos cubrila con láminas triso de aluminio e tarima flotante con tratamento térmico (tipo AC5 de 8mm.). A cuberta da casa xa conta con uralita e tella, polo que está ben protexida, pero teremos que proxectar poliuretano branco. No exterior da casa utilizarase pintura ao silicato branca impermeable e transpirable ao vapor de auga. No interior levará unha pintura plástica antimoho mate branca.
En principio, con isto sería suficiente para ir tirando... pero a ver se mellora un pouco o tempo para poñernos "mans á obra".
sábado, 26 de enero de 2013
Primeira peza rematada
Por fin podemos ensinar o resultado final da mesita. Desta volta preferín facer todos os pasos sobre unha soa peza para comprobar como quedaría. Estamos moi contentos, porque o resultado é moi satisfactorio. Así que agora xa podemos traballar de un modo máis efectivo, con varias pezas ao mesmo tempo.
E aquí tedes por fin, a mesita rematada ao lado da súa xemelga para poder ver o antes e o despois.
O máis chamativo para nós, foi ver como formas que na versión orixinal pasaban practicamente desapercibidas, gañaron gran importancia na versión definitiva.
E a vós... que vos parece o resultado? ;)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)