Así é como van as obras, e nós emocionados. O espazo gaña moitísimo sen os tabiques polo medio. Comezamos a imaxinarnos xa a disposición final e gústanos o que adiviñamos.
O novo tabique ten detrás unha capa illante. Deste xeito eliminaremos unha das zonas máis húmidas da planta baixa.
Por outra banda, ao tempo que desaparece a antiga escaleira, aparece a nova, máis ancha e no lugar que lle corresponde.
Eliminamos tamén a cociña de leña, unha das decisións máis discutidas por aqueles que saben do proxecto. Pero está moi estropeada e ademais precisamos o seu sitio para elementos máis necesarios.
Outro dos grandes cambios na planta baixa foi a conversión da ventana da antiga habitación do conxelador en porta principal da casa. Outra enorme entrada de luz que xa se nota!
Paralelamente á planta baixa, outra zona da casa está a sufrir tamén grandes cambios. As antigas cortes convírtense nun local de ensaio e nunha zona de xuntanza e "cuchipandas". Os tempos cambian e as necesidades cos mesmos (agardemos non ter que retornar ao punto de inicio neste caso ;)
O espazo que vedes estaba formado por tres pequenas estancias. Conservamos a lareira e botamos o chan.
Nada máis ata o momento. Hoxe foi máis extensa do normal, pero as circunstancias así o pediron!
No hay comentarios:
Publicar un comentario