Falta aínda moito, moito que facer, e a casa está chea de cousas por todas partes, pero estes días comezamos a adiviñarlle o resultado.
martes, 8 de abril de 2014
domingo, 6 de abril de 2014
A limpeza da fachada
Esta semana comezamos a cambiarlle a cara exterior á casa. Cunha máquina de auga a presión quitaron toda a pintura vella (e parte do cemento). Cando veña o bo tempo comezarán a pintar por fóra., pois agora a casa ten o aspecto dunha película de terror... jajaja
miércoles, 2 de abril de 2014
Unha de "o antes e o despois" e compriñas para ir equipando
Esta semana están rematando detalles de pintura por toda a casa. Os que pasáchedes algunha vez por unha obra/reforma sabedes que esta fase parece interminable! Acumúlanse as ganas de velo todo rematado coa multitude de pequenas cousas precisas para facer o remate final.
O que si puidemos ver rematada é unha parte da cociña á que lle tiñamos moitas ganas. Lacaron mobles e alicatado e só con ese lavado de cara podemos ver un impresionante cambio.
Ademais fixemos xa moitas das compras que precisabamos para equipar o noso novo fogar. Aquí vos deixamos algunhas das mesmas. Invadidos pola cor branca e pola luz que nos aporta!
En breve máis!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)