sábado, 22 de marzo de 2014

Comezamos a mudanza!

Pois si, aínda quedan pequenos detalles por rematar, pero aos poucos comezamos a levar cousas para o noso novo fogar.




O mellor ata o momento escoitar a Antón que precisa unha caixa para meter a Nico, o seu bebé de xoguete, porque ten a cabeza moi grande ;)

miércoles, 12 de marzo de 2014

Rematando o interior, unha entrada cargada de imaxes :)

Pois si, hoxe moi pouco texto e moito que ver. A obra está a piques de rematar no interior e os cambios acumúlanse.
Na lareira están colocados xa os mobles, á espera aínda de detalles, pero lucindo tal e como agardábamos enriba da pedra.


No ensaio rematamos de encintar as paredes e é incrible ver a luz que gañaron


Ademais xa puxeron portas no baño do ensaio e entre éste e a zona da lareira. O que eran cortes pasan a ser dous espazos impresionantes (nótase o pouco que nos gustan ;)


A primeira planta está practicamente rematada.






Na planta baixa contamos con algunha man de pintura e xa comezaron co chan



E no xardín, algunhas das antigas pezas da casa pasan pola man de lacado, mentres os pensamentos florecen aproveitando tamén estes días de sol.




FIN! de momento!!!