domingo, 15 de diciembre de 2013

Rexuntando pedras

Coa axuda da avoa Marisol e a familia estamos "encintando" ou "rexuntando" as pedras das paredes na zona da lareira. Tivemos que buscar pola finca pedriñas para cubrir os ocos e, pouco a pouco, vai mellorando a cousa. Así estaba, e así están quedando as paredes ao ladiño do lume.




Atopar e recoller as pedras foi toda unha aventura.




martes, 10 de diciembre de 2013

Os mobles da lareira

Esta semana puxémonos coa restauración dos mobles que colocaremos na zona da lareira de pedra. Algún deles estaba moi abandonado e cheo de polilla, pero estamos decididos a proporcionarlle unha nova vida ;)
Gastamos varios botes, lixamos a madeira e retiramos os cristais. Agora só falta pintalos, xa que como pode verse na imaxe, os mobles son moi distintos... Cal será a nova cor elexida?


domingo, 8 de diciembre de 2013

Xa temos o chan

A principal novidade deste mes é, sen dúbida, que xa temos o chan!

Mercamos a tarima que poremos nas dúas plantas da casa. Coa colaboración do noso amigo Fer transportamos todo o material e xa recibimos as primeiras recomendacións para colocalo.

Esta é unha proba do que desexamos facer ;) A mesiña que pintamos pode quedar xenial con esta tarima e o perfil en branco.

Na primeira pode verse como estaba o chan da nosa habitación, na segunda o chan limpo e sen o perfil, na terceira unha proba do que desexamos...



e aquí está o material listo para comezar. Non nos queda nada...