domingo, 10 de noviembre de 2013

Bañeira ou ducha?

Decidimos cambiar a ducha por unha bañeira, para gañar espazo e comodidade para os baños dos máis pequenos. Tamén cambiamos de sitio o radiador e mercamos pezas novas...



Agora queda pendente pintar as paredes, o teito, colocar as pezas do baño e o chan, pero xa temos as mellores vistas... para estar tumbados na auga escoitando os paxariños ;)

Durante esta semana miramos diferentes tipos de chan para o baño. Unha das mellores opcións foi mercar chan vinílico de PVC que imita a madeira (tendo en conta que os baños xa teñen plaqueta). É resistente á auga e ás rozaduras, simplemente teremos que pegalo sobre o chan e listo! (Aínda que debemos confesar que temos unha loita interna entre o chan vinílico e esa plaqueta orixinal con tanta personalidade ;)

martes, 5 de noviembre de 2013

Unha casa con moita historia

Revisando a documentación da casa atopamos unha escritura do ano 1842.



O texto correspondente ao momento no que o noso "tatara tatara avó" adquiría o terreo no que estaban situadas dúas pequenas casas de pedra que forman a estrutura da única casa actual. 


Son 6 as xeracións que viviron nesta casa. Intentaremos manter a tradición...