viernes, 31 de mayo de 2013

Subindo escalóns

O tempo non axuda moito. Seica este ano non teremos verán... , pero estamos acondicionando o xardín para os encontros familiares e as festas na eira da casa. A primeira parada: San Xoán, que estará aquí Tita!.
Hoxe podedes ver como deixamos o acceso da eira ao pequeno souto que estamos preparando. Utilizamos as vigas de pedra dunha antiga parra que tiña a casa e asentamos os escalóns cuns puntos de madeira e terróns. Antón tomou as medidas e axudou a traer terra! Este é o resultado!!!



viernes, 10 de mayo de 2013

Tres meses despois… das contas e o papeleo



Plano do PXOM

Sabiamos que non ía ser doado, pero os obstáculos acumúlanse na medida en que avanzamos na reforma da casa :(







Pechada a vía do financiamento bancario - pois agora é máis difícil que concedan créditos en boas condicións aos particulares que camiñar sobre a auga - .... só queda a alternativa dos pequenos aforros mensuais, se podemos, para ir comprando material para a reforma.

Recoñecemos que nestes tres meses tivemos un pouco abandonado este blogue, quizais por falta de tempo, do mal tempo ou, simplemente, dos esforzos realizados nas contas e no papeleo que nunca remata (orzamentos, planos, documentación, información dos rexistros, dos permisos, uf...!) e a folgazanería para escribir...

Agora que comeza a saír o sol, despois dun inverno de frío e choiva, estamos acondicionando a finca - os castiñeiros xa teñen as súas follas - e reparando as parades do interior da casa...

... prometemos publicar con maior frecuencia :)

O mellor destes tres meses: o cumpreanos de Antón na eira da casa! Á abordaxe!
Tarta de cumpreanos de Antón feita por Alicia